28/05/12

SUSA HERRERA, TI SI QUE VALES!!

O venres, 25 de maio, visitounos a escritora, profesora, cantadora, animadora e mestra de contacontos SUSA HERRERA. Cando as nosas mestras nos dixeron que íamos ter unha sesión de "animación á lectura" con Susa Herrera dixemos:
- Aparece no noso libro de música!
É verdade, compón cancións e ten moitos libros, grava discos e fala baixiño para que avivemos o oído e escoitemos. Que ben o pasamos!. Unha hora que pareceu un cuarto.
Na nosa biblioteca temos os seus libros.
-Correremos todos a buscalos!
-Queremos máis actividades coma estas!

(Texto elaborado polos nen@s de 2º A e B)

Pois xa vedes, unha visita que deixou a tod@s engaiolados. Presentounos o seu último traballo: Animais encantadores .

Aquí tedes uns vídeos dalgúns dos momentos compartidos con Susa na nosa escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario