A última semana de curso foi un ir e vir de celebracións. Entre elas, a dos peques de Infantil que xa se graduaron con honores e van dar o salto a Primaria.
Estiveron moito tempo preparando a súa actuación, e como non, fixeron uso da nosa biblioteca para que todo saira perfecto.
Fixeron rimas cos seus nomes e aprenderon cancións, unha das cales foi sacada dun libro da biblio: "Canciones infantiles y nanas del baobad" da editorial Kókinos.
Comprobade vós mesmos o ben que o fixeron.
¡Parabéns rapaces! ¡Sorte na vosa nova andaina!
Dende a biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei nos chega este divertido vídeo para animar a tod@s na lectura, a través da adaptación dunha canción de Manu Chao.
O venres, 25 de maio, visitounos a escritora, profesora, cantadora, animadora e mestra de contacontos SUSA HERRERA. Cando as nosas mestras nos dixeron que íamos ter unha sesión de "animación á lectura" con Susa Herrera dixemos:
- Aparece no noso libro de música!
É verdade, compón cancións e ten moitos libros, grava discos e fala baixiño para que avivemos o oído e escoitemos. Que ben o pasamos!. Unha hora que pareceu un cuarto.
Na nosa biblioteca temos os seus libros.
-Correremos todos a buscalos!
-Queremos máis actividades coma estas!
(Texto elaborado polos nen@s de 2º A e B)
Pois xa vedes, unha visita que deixou a tod@s engaiolados. Presentounos o seu último traballo: Animais encantadores
.
Aquí tedes uns vídeos dalgúns dos momentos compartidos con Susa na nosa escola.
A piques de deixar o cole e empezar unha nova etapa no "insti", a nosa titora de 4º, Carmen, ocórreselle lembrar a video-película que argallou para que todos visen un xeito distinto de traballar cos libros.
Eramos tan pequenos e traballamos tanto!
Grazas Carmen
Un ano máis, o Seminario Galán xa puxo á disposición de tod@s os materiais para o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á figura de Valentín Paz Andrade.
PREMER NA FOTO PARA ACCEDER Á PÁXINA
Tamén atopamos na rede un xogo Lim elaborado polo CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, a quen lle damos as gracias pola súa difusión.
Os nen@s de 5 anos e os da aula mixta estiveron un tempo aprendendo cousas sobre Exipto. Fixeron varios traballos sobre o tema e, coma non, tiveron que pasar pola nosa biblioteca para facer esa búsqueda de información tan importante e recopilar así todos os libros que tiñamos sobre o tema.
Unha vez nas aulas, decidiron que querían facer uns videos onde se reflexara dalgún xeito o que traballon.
Os de 5 anos elaboraron pareados co faraón Tutankamón e os da aula mixta quixeron bailar un rap.
Disfrutade vendo os vídeos igual que eles cando os grabaron.
Fai uns días, os alumn@s de 6ºC prepararon un conto na aula que quixeron compartir cos pequenos do cole. O conto leva por título "Rata linda de Compostela", escrito por Bernardino Graña e publicado por Xerais.
Mirade que imaxes tan divertidas, e o ben que o pasaron os peques que ata pediron repetición e todo.
Gracias nen@s de 6ºC!!!
Pois si, por fin chegou o día e...qué ben o pasamos!!. Velaí unhas fotos para lembrar esas lecturas que nos fixeron pasar un bo rato. Estou seguro que pronto repetiremos a experiencia.
ATENCIÓN COLABORADORES, ABADIÑO TEN PREPARADA UNHA PEQUENA SORPRESA PARA TODOS VÓS. QUE SERÁ? CANDO SERÁ? E AGORA... A ROMPER UN POUCO A CABEZA! (Para xogar hai que premer nas fotos)
Agora a profe Carmen María traballa no noso colexio, Lamas de Abade, pero hai uns anos estaba de mestra nunha pequena escola chamada "A IGREXA ".
Un día os nenos e nenas da escola inventaron un conto chamado "A BRUXA CATUXA".
Gustoulles tanto que decidiron facer un vídeo do conto.
Debuxaron as ilustracións, escribiron o textos, recortaron os personaxes...e despois coa axuda duns mozos franceses e húngaros que estaban colaborando coas escolas da zona, montaron este vídeo tan bonito para poder compartilo con nenos e nenas doutras escolas.
UN APLAUSO PARA A PROFE CARMEN MARÍA E OS NENOS E NENAS DA SÚA ANTIGA ESCOLA¡
Un
cuarteto de estupendos músicos acompañados da actriz Mónica de Nut, viñeron á nosa
biblioteca para representar un precioso conto musical titulado...
Martina, Lidia e Pedro presentan...¡AS CAIXAS DE LER!
Entre os tres prepararon o guión e a posta en escena.
O pequeno "chiste" do radiador foi idea de Pedro.
Lidia encargouse de gravar o vídeo.
O BUBISHER é un paxaro do
Sahara "O PAXARO QUE TRAE BOAS NOVAS”.
O BUBISHER e tamén o nome dun proxecto no que un camión cheo de libros percorre os campamentos saharauis para
que todos os seu rapaces teñan a oportunidade
de ver, tocar, mirar e ler moitos libros.
A nosa biblioteca, xunto
con outras moitas, colaborou neste fermoso proxecto agasallando un precioso álbum
ilustrado titulado “EL SUEÑO DE SZHU” que conta a historia dunha nena chinesa que traballa
fabricando bonecas coas que ela nunca poderá xogar.
Neste vídeo os nenos saharauis
nos contan que significa para eles esta
biblioteca móbil, este bibliobús que sempre trae boas novas: O BUBISHER.